Hai motos anos, nun afastado lugar dos arrededores da cidade Gordiu, vivía un matrimonio ancián. El era leñaor ee ela cultivaba un pequeno horto. A pesar de non ter moio diñeiro, vivían felices na súa pequena casiña no bosque.
Un día, o leñador foi por leña para vendela na vila e gañar uns cartiños. Ao chegar ao bosque, o leñador sorpreneuse, porque todo estaba cheo de neve; ata as grandes árbores estaban cubertas de neve.
Así e todo, decidiu buscar un pouco de leña, aínda que só fose para o consumo da casa. Buscou e buscou, pero non a atopou. Fíxose de noite. De socate, comezou a soprar un forte vento. O leñador asustouse, xa que on atopaba o camiño de volta.
O vento sopraba tan forte que o fixo esbarar encosta abaxo.Dorido,levatouse e , viu ao lonxe, unha feble luz. Pensando que podía ser unha casa, de vagar, dirixiuse cara alí. Moita foi a sorpresa cando, ao chegar,oúnico que atopou foi unha pequena esfera brillante Ao achegarse á esfera, notou que desprendía calor. Collena nas súas mans, tentando quecelas.
Tan pronto a colleu, a esfera comezou a emitir unha brillante luz azul, ao tempo que teimaba por fuxir das súas mans. O ancián tentou inmobilizala, pero nono conseguiu. A esfera emprendeu o voo e o ancián seguiuna.
Cando se decatou estaba diate da porta da súa casa. A pequena esfera deixou de brillar e caeu ao chan. Salváralle a vida. Entrou rápidamente na casa para contarlle a súa muller o sucedido, pero ela, ao ver que non traía leña, enfadouse con el.
-Esta esfera salvoume a vida!!- retrucou o ancián-. A nosa sorte cambiará grazas a ela.
A súa muller díxolle que se deixase de parvadas e ambos os dous foron durmir.
Á mañá seguinte, o ancián levantoulle e colleu de novo a esfera, agardando que volvese brillar, pero nada acoteceu. Meteuna no peto e decidiu ir á vila vender a pouca leña que lles quedaba.
De camiño, atopou u neno que se perdera, O neno, chorando, contoulle que saíra da súa casa na procura de mazás, para ter algo que comer.
O ancián díxolle que non tiña nada para darlle, pero decidiu compartir a leña con el. Díxolle que a levase á vila e que alí a tentase vender.
Nese momento, a esfera comezou a bulir no seu peto. Sorprendido, colleuna, e comprobou que volvía brillar. A esfera chimpou das súas mans, detivose un intre diante do neno a voar nunha soa dirección.
O ancián e o neno seguírona. A esfera conduciunos ata un val en cuxo centro se achaba unha enorme árbore chea de brillantes mazás vermellas. O ancián axudouno a recoller algunhas mazás e, a seguir, acompañou ata a súa casa na vila.
O pequeno non era outro senón o fillo do alcalde. O pequeno contoulle a seu pai o sucedido coa esfera. O alcalde, agradecido, recompensou o ancián cunha bolsa de moedas.
De súpeto, sentiron un gran balbordo na praza da vila. O ancián acompañado do neno e o seu pai correron cara alí.
-A princesa desapareceu! -berraba o servente da princesa-. Un enorme paxaro raptoua. O ousado cabaleiro que logre rescatala, conseguirá a súa man en matrimonio!!
O alcalde pensou que era a súa oportunidade para casar coa princesa e gobernar o pobo. Lembrou o que lle contara o seu fillo sobre a esfera, polo que lle pediu ao ancián que lla vendese.
Oancian aceptou o trato e marchou contento con dúas bolsas de diñeiro, pensando no feliz que ía facer a súa muller.
O alcalde colleu a esfera e dirixiuse cara o bosque, esperando que a esfera brillase, pero non resultou. Defraudado, foi na procura do ancián e, cando o atopou, díxolle:
-Devolveme o diñeiro!!
-Eu devólvoche o diñeiro se ti me devolves a esfera -respondeu o ancián.
O alcalde non dubidou.
Esa noite, o ancián non daba conciliado o snon, preocupado pola sorte da princesa.
De súpeto, a esfera comenzou a brillar. O anciándecatouse de que a esfera o guiaría ata onde estaba a princesa.
Seguiuna ata unha cova non máis profundo do bosque. A esfera máis brillaba canto máis se achegaba á princesa. Entón, apareceu un enorme páxaro con grandes ás azuis. O paxaro ía atacar o ancián, pero cando viu que nas súas mans tiñ a esfera, díxolle:
-Debes axudarme, necesito que rompas a esfera para desfacer o maleficio!!
O ancián rachou a esfera e dela saíron milleiros de raios brillantes que arrodearon o corpo do paxaro e, inexplicablemente, o paxaro converteuse nunha princesa.
Todos xuntos regresaron á vila. O alcalde enfastiado, marchou moi, moi lonxe do lugar.
Meses máis tarde, o pobo celebrou unha gran festa na honra do ancián, pola súa bondade e afouteza e tamén, polo casamento do fillo do alcalde coa princesa.
E dende entón o ancián e a súa muller viviron felices.