miércoles, 8 de agosto de 2012

MARCOS ABALDE: GANADOR DEL CUNQUEIRO



O gañador da vixésima edición do premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais foi o vigués Marcos Abalde Covelo, coa súa obra  A Cegueira.

Segundo explica o seu propio autor, A Cegueira presenta un “territorio devastado pola guerra”, onde os personaxes participan nunha “cerimonia do horror” e a barbarie sementa unha historia de humillacións dun pobo que está a ser exterminado.

 O premio está dotado de 6.000 euros máis a “posibilidade” de publicar o texto dentro da colección Biblioteca Dramática Galega. O texto será publicado en catro meses, tal e como comentaron fontes de Agadic.
Para o tribunal,o texto destaca por ofrecer unha visión persoal e novedosa no actual panorama dramatúrxico, xa que concibe a creación teatral desde o punto de vista do mito e do absurdo da existencia
humana.

Blanca y Laura :)