miércoles, 7 de julio de 2010

O AVIÓN QUE NON PODÍA VOAR, Raúl Acuña Fariñas 2º ESO (2º premio, 1º ciclo ESO)

Isto é a historia dun avión que non podía voar, non podía voar porque era moi pequeno. A súa nai morrera afogada no Atlántico, e o seu pai estrelouse en Baraxas no 2009.

O avión pequeniño corría e corría pero non despegaba. Un paxaro que pasaba por alí víuno:

-Ti que fas?-dixo o paxaro.

-Eu?

-Si ti.

- Pois... Importache?, porque se non che importa, non cho digo.

-Sí, impórtame moito, algún problema?

-Non, pero...

-Pero, qué?- interrumpiuno o paxaro.

-É que...

-É que, qué?

-NON SEI VOAR!!!- gritou o avión.

-Pero se ti es un avión, cómo non podes voar?

-Meus país morreron, e non me ensinaron a voar, BUAAA!

-Pois a ver que te ensino eu, non chores.

-BEEEEEN!!!

Os dous se foron a outro aeroporto máis tranquilo. Alí practicaron e practicaron [...].Ao longo do tempo os dous se fixeron moi amigos, ata que o paxaro se fartou e dixo:

-Xa non aguanto máis.

-Pero, qué che pasa?

-Desde que chegamos non despegaches nin unha soa vez.

-Non sei, é que non podo despegar.

-Xa sei o que pasa, estás tan decidido a non despegar e a túa cabeza pensa que non podes e ti non podes.

-Xa está. Pensarei que podo e ,o mellor, despego.

Os dous amigos ao final, despois de dous anos e medio, déronse conta de que o paxaro estáballe ensinando a voar movendo as ás. É despois doutros dous anos e medio, déronse conta de que tiña reactores que funcionaban a gasolina que a tíña esgotada, e o problema é que non a atoparon ata dous anos despois. Cando a puxeron, o avión voou perfectamente facendo piruetas no aire.

E colorín, colorado, este conto acabou.